roubar

roubar

(

  1. v t
    1. Apoderarse do alleo sen consentimento do dono con ou sen violencia ou engano.

      Ex: Roubáronme a carteira e deixáronme sen un céntimo. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Asegúroche que non roubei nunca.

    2. Apropiarse de algo non material que corresponde a outra persoa.

      Ex: Loitaron para que non lle roubaran os seus dereitos laborais. Rouboulle o tema do seu próximo relato.

    3. Quitar a unha cousa algo que lle corresponde.

      Ex: Os estudos róubanlle moitas horas de sono. O recheo róuballe espazo ao mar.

  2. v t

    Reter algo ou alguén contra a súa vontade.

    Ex: Lograron desarticular unha rede que roubaba cans de raza.

  3. v t

    Sacar beneficios de algo a custa de enganar a alguén na calidade, cantidade ou prezo de algo.

    Ex: O tendeiro rouba diñeiro no peso. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: Non ir xantar aí que vos rouban. O mecánico rouba nos arranxos.

    Sinónimos: estafar.
  4. v t

    Coller as cartas ou fichas que quedan sen repartir en xogos como a baralla ou o dominó.

Frases feitas

  • Roubar o corazón a alguén. Cativar ou conquistar o corazón a alguén.

Refráns

  • Bens mal adquiridos a ninguén enriqueceron.
  • Furtando unha castaña e outra castaña, faise mala maña.
  • Gran roubado non arrequece no sementado.
  • O atopado non se pode dicir que é roubado.
  • Ó cuco non Ile cuques e ao ladrón non lle furtes.
  • O que come cabrito e cabra non ten, de algures lle vén.
  • O que de alleo se viste, na rúa o ispen.
  • O que rouba ao ladrón ten cen anos de perdón.
  • Os que cabritos venden e cabras non teñen ¿de onde lles veñen?
  • Quen rouba a un ladrón, gaña cen anos de perdón.
  • Sancristán que vende cera e non ten colmea, que o digan as velas da igrexa.
  • Vale máis pedilo que roubalo.

Palabras veciñas

Rouault, Georges Henri | roubador -ra | Roubaix | roubar | roubo | Rouch, Jean | rouchar
Conxugar
VERBO roubar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubo
roubas
rouba
roubamos
roubades
rouban
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubaba
roubabas
roubaba
roubabamos
roubabades
roubaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubei
roubaches
roubou
roubamos
roubastes
roubaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubara
roubaras
roubara
roubaramos
roubarades
roubaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubarei
roubarás
roubará
roubaremos
roubaredes
roubarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubaría
roubarías
roubaría
roubariamos
roubariades
roubarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roube
roubes
roube
roubemos
roubedes
rouben
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubase
roubases
roubase
roubasemos
roubasedes
roubasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubar
roubares
roubar
roubarmos
roubardes
roubaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
rouba
-
-
roubade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
roubar
roubares
roubar
roubarmos
roubardes
roubaren
Xerundio roubando
Participio roubado
roubada
roubados
roubadas