1 roxo -xa

1 roxo -xa

(< lat russĕu ‘encarnado, vermello’)

    1. adx

      Que é da cor do ouro, ou algo máis escura.

    2. adx e s

      Que ou quen ten o pelo ou o cabelo desta cor.

    3. s m

      Cor do ouro, ou algo máis escura.

    1. adx

      Que ten unha cor entre o castaño tirando a vermello e o amarelo tirando a vermello.

    2. adx e s

      Que ou quen ten o pelo ou o cabelo desta cor.

    3. s m

      Cor entre castaño tirando a vermello e amarelo tirando a vermello.

  1. adx e s [HIST/POLÍT]

    Aplícase ao bando contrario aos nacionais durante o desenvolvemento da Guerra Civil Española, á súa finalización e, por extensión, aos seus partidarios. OBS: É un calco do castelán rojo, moi integrado na lingua, aínda que a forma correcta é vermello.

Palabras veciñas

Roxerio | Roxerius | Roxo | 1 roxo -xa | 2 roxo -xa | Roxo, O | Roxoa, pazo da