Roxo, O

Roxo, O

Publicación editada en Galicia a partir de 1975. Subtitulouse “Comité de Galicia da LCR-ETA (VI) (Cuarta Internacional)”. De tendencia nacionalista e trotskista, centrouse nos temas propios dalgunhas publicacións comunistas: violencia policial, información laboral, estudantil e internacional, e boicot ás eleccións.