Rúa Alta
Rúa Alta
[PUBLIC]
Revista publicada na Coruña a partir de 1988. Subtitulada “Revista del club de jubilados de La Coruña”, estivo editada anualmente por esta asociación coa coordinación e dirección de Mª Dolores Amor. Incluíu todo tipo de temas: dietética, saúde, gastronomía, filatelia, temas sociais ou entrevistas. A poesía ocupou boa parte das súas páxinas, acompañando os textos con fotografías e ilustracións.