Rúa de Valdeorras, Santo Estevo da

Rúa de Valdeorras, Santo Estevo da

Igrexa parroquial situada na Rúa. Construída na primeira metade do s XVII e reformada no s XVIII, a súa orixe remóntase ata o s XII. Consta de tres naves divididas en pequenas capelas. A nave central cóbrese con bóveda de canón de madeira, apoiada en arcos faixóns tamén de madeira, e decórase con casetóns con motivos vexetais. A cúpula do cruceiro eríxese sobre pendentes e conta cunha lanterna que ten un pequeno balcón interior de madeira policromada.