Rubbia, Carlo
Rubbia, Carlo
Físico italiano. Estudou na Università di Pisa, onde se doutorou en 1957. Dirixiu o proxecto que levou en 1983 á detección dos bosóns intermediarios. Recibiu o Premio Nobel de Física de 1984 xunto con S. van der Meer, polo descubrimento das partículas W e Z, intermediarias na interacción débil, o que lles permitiu establecer a teoría electrodébil que une as forzas electromagnética e débil.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Gorizia