Rubia Alejos, Xoán
Cantautor e músico. Coñecido como Xoán Rubia, en 1968 comezou os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela, onde entrou en contacto cun grupo de músicos emerxentes que logo formarían Voces Ceibes. Ese mesmo ano compuxo as súas primeiras cancións sobre poemas de autores galegos, das que destacan Falade galego ou A emigración. En 1969 gravou o seu primeiro disco e a partir dese momento comezou unha serie de recitais e concertos por vilas e cidades de Galicia. En 1971 gravou outro disco con temas populares, dos que destacan Catro vellos mariñeiros ou Vexo Vigo. En 1976 editou o disco titulado Lembranzas e, xunto coa cantante María Manuela, lanzou o disco Panxoliñas. Posteriormente, editouse Nadal, que complementaba o anterior, compuxo novas cancións e actuou en numerosos festivais, tanto nacionais como internacionais.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Mugardos