rubial

rubial

(< lat rubĭa)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás rubiais.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da orde das rubiais.

  3. s f pl [PLANTA]

    Orde de plantas dicotiledóneas simpétalas, composta por plantas herbáceas ou leñosas con follas opostas, frecuentemente simples e flores hermafroditas, actinomorfas ou cigomorfas, tetrámeras ou pentámeras, de ovario ínfero, xeralmente agrupadas en inflorescencias cimosas, e de froitos de diversas clases.