rubiáceo -a
rubiáceo -a
(< lat rubĭa)
-
adx
Relativo ou pertencente ás rubiáceas.
-
s
f
[PLANTA]
Planta da familia das rubiáceas.
-
s
f pl
[PLANTA]
Familia de plantas da orde das rubiais, constituída por plantas leñosas ou herbáceas, con follas simples, decusadas e con estípulas, flores hermafroditas, actinoformes, tetrámeras ou pentámeras, isostémonas, de ovario ínfero bicarpelar, xeralmente entomófilas, dispostas en cimos ou en acios, e froitos de varios tipos. Consta de máis de 5.000 especies, distribuídas por todo o mundo.