rubidio
(
Elemento químico, de número atómico 37 e peso atómico 84,4678, pertencente ao grupo IA da táboa periódica, cuarto membro da familia dos metais alcalinos. O rubidio natural está constituído por unha mestura de isótopos, con números de masa 85 (72,15 %) e 87 (27,85%); este último, radioactivo, presenta emisión â e goza dunha vida media de 5 × 1011 anos. Coñécense, ademais, quince radioisótopos artificiais. O rubidio, relativamente abundante, atópase moi difuso na natureza, xeralmente asociado ao litio (lepidolita), potasio (carnalita) ou cesio. O metal é extraordinariamente reactivo ante o aire e a humidade, razón pola que o hai que almacenar mergullado en aceite mineral. Presenta as propiedades químicas xerais dos metais alcalinos, acentuadas respecto do número atómico inferior. O hidróxido RbOH é fortemente básico e ten aplicación en celas alcalinas para o traballo a baixas temperaturas. O carbonato Rb2CO3 é moi higroscópico e corrosivo e ten aplicación na fabricación de vidros especiais. Almacénase con facilidade e forma aliaxes cos outros metais alcalinos, cos alcalinoterrosos e co antimonio, o bismuto e o ouro, e as aliaxes con estes últimos elementos presentan un pronunciado efecto fotoeléctrico. O rubidio aplícase principalmente na industria electrónica, tanto en células fotoeléctricas como para getter.