Rubido Ramonde, Bieito

Rubido Ramonde, Bieito

Xornalista. Director de La Voz de Galicia desde o 5 de xuño de 2000. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidad Complutense de Madrid, iniciou a súa andaina profesional no mundo da prensa, a radio e a televisión hai máis de vinte e cinco anos. Traballou nas redaccións dos periódicos Informaciones, Ferrol Diario, El Ideal Gallego e La Voz de Galicia e foi director de Antena 3 Radio Coruña (1983) e director xeral desta emisora (1989-1992). Dirixiu Radio Voz (1993-1995) e fundou Deporte Campión (1995) -o primeiro xornal deportivo diario-, ademais da revista Camino. Director territorial de Antena 3TV Galicia (1995-1999) -desde o que puxo en marcha o primeiro informativo diario desta cadea en Galicia-, creou, dirixiu e presentou diversos programas de televisión na TVG e Antena 3TV, como Fronte a fronte, De Viva Voz e Galicia a Fondo. Colaborador do programa La hora cero, de José Luis Balbín, forma parte do elenco de Herrero en la Onda, de Onda Cero, e de Ruedo Ibérico, de Antena 3TV. Está en posesión, entre outros premios e distincións, da Antena de Oro, concedida en 1998 polo seu traballo en televisión; no apartado de radio, en 1989; o de Coruñés del Año, en 1990; e o de Mellor Periodista da Coruña, outorgado pola Universidade en 1995.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cedeira