Rubín Garrido, Pedro

Rubín Garrido, Pedro

Director de escena e escenógrafo. Formado en arte dramática con destacados directores, como Augusto Fernández, Carlos Moreti, Alfonso Sastre, Judit Wainer e John Wright, participou no deseño do espazo escénico e a iluminación de diversas obras de teatro profesional. Fundador e director artístico de Teatro Galileo, realizou a dirección escénica de diferentes obras, como A esperar por Godot, de S. Beckett, O xardín dos contos, de M. Lourenzo, Servidor de dous amos, de Goldoni, O médico á forza, de Molière, e O divertimento do rei, de V. Hugo.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ferrol