Rubinstein, Anton

Rubinstein, Anton

Compositor e pianista ruso. Recibiu consellos de F. Liszt e F. Chopin en París, onde actuou como intérprete. Posteriormente coñeceu a G. Meyerbeer en Berlín. En 1848 estableceuse en Peterburgo e dedicouse desde entón a compoñer. Fundou e dirixiu o conservatorio de Peterburgo (1862-1867 e 1887-1890). Compuxo seis sinfonías, catro aberturas para orquestra, dúas cantatas, sonatas para piano, óperas (Demon, 1875), oratorios (Christus, 1888) e outras obras.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vykhvatinec, Podolia

  • Deceso

    Lugar : Peterburgo