Rueda, Lope de

Rueda, Lope de

Actor e dramaturgo. Co estilo da comedia italiana escribiu en prosa Eufernia, Armelina e Medora, e en verso Discordia y Cuestión de Amor. Con todo, a súa gran creación foi o paso, antecedente do entremés, unha pequena peza intercalada moitas veces nas mesmas comedias en prosa, que servía para divertir e entreter o público entre acto e acto. Son de trama elemental e contan cun desenlace simple e rápido. De tipo realista, o interese baséase na comicidade, a agudeza e a lingua popular e coloquial, chea de elementos típicos. Destacan El convidado (1546), La tierra de Jauja (1547) e Las aceitunas (1548), entre outras. Tamén escribiu coloquios pastorais en prosa, como Camila e Tymbria; e en verso, como Prendas de amor.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sevilla

  • Deceso

    Lugar : Córdoba