Rueil-Malmaison
Rueil-Malmaison
Cidade do departamento de Hauts-de-Seine, Francia, situada ao O de París (73.469 h [1999]). A súa economía baséase na fabricación de pezas para a industria automobilística. Posúe un instituto de investigación petroquímica.