Ruibal Argibay, Xosé

Ruibal Argibay, Xosé

Escritor, irmán de Mercedes Ruibal Argibay. Nado no seo dunha familia republicana, en 1951 marchou a Arxentina e Uruguay, onde entrou en contacto co mundo teatral. Compaxinou o seu labor creador co xornalismo e aproveitou a boa acollida dalgunhas das súas obras para difundir a súa produción en EE UU e Europa. Na súa obra emprega unha linguaxe áxil e constantes xogos expresivos, desmarcándose do teatro realista e á marxe da arte oficialista que se estaba facendo en España na posguerra. Ademais, nos temas tratados tenta expoñer a conflitividade da sociedade contemporánea e a opresión política á que se viu sometido na súa vida. Membro de honra do Actor’s Studio de Nova York, realizou diversas adaptacións das obras de Calderón de la Barca e é autor de La ciencia de birlibirloque (1956), baseada nunha lenda galega; Los mendigos (1957), en que utiliza personaxes zoomórficos; El bacalao (1960), onde analiza o mundo da burocracia; El asno (1962, Premio Modern International Drama 1969), Su majestad la sota (1964), sobre os instrumentos do poder; El hombre y la mosca (1968), en que analiza o poder ditatorial; Los mutantes (1968), Curriculum vitae (1970) e Controles (1976).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Xeve

  • Deceso