Ruibal Ruibal, Manuel

Ruibal Ruibal, Manuel

Pintor. Formouse en Madrid, onde coñeceu aos primeiros grupos informalistas, e en París, onde estudou a obra de fauvistas e expresionistas. Evolucionou desde a figuración expresionista cara a unha sintetización da imaxe. Deste xeito, conectou co informalismo, resaltando os trazos máis expresivos, e chegando a mesturar o real e o irreal, expresado a través do signo e empregando pouca materia pictórica que sitúa sobre fondos neutros. Co tempo a súa obra foise simplificando. Destaca Muller de verde, Paisaxe e Árbores na tarde.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Pontevedra