ruleta
(
-
[XOGO]
-
s
f
Xogo de azar que se xoga contra unha banca (representada por un crupier) e no que os xogadores tentan vaticinar a posición que ocupará, ao deterse, unha bóla que xira en sentido contrario e por riba dunha roda horizontal dividida en 37 compartimentos numerados vermellos e negros. Ao lado hai un taboleiro onde se fan as apostas, con 37 cadros que coincide coa numeración e a cor dos da roda, con 37 cuadrículas numeradas, do 0 ao 36 e 6 cadros -denominados par (pair), impar (impair), vermello (rouge), negro (noir), pasa (pase) e falta (manque)-. Son negros os números 2, 4, 6, 8, 10, 11, 13, 15, 17, 20, 22, 24, 26, 28, 29, 31, 33 e 35, e vermellos os demais. Considérase pasa os números que van do 19 ao 36 e falta os que van do 1 ao 18. O cero é número independente e corresponde sempre á banca. Pódese xogar a un só número (pleno), a dous números contiguos compartidos (cabalo), a tres números contiguos (transversal plena), a catro números (cadrado), a seis números (transversal dobre ou sexta) e a doce números dunha mesma columna (columna ou ducia). A forma actual do xogo data do s XVII e practícase nos casinos.
-
ruleta rusa
Xogo de azar que consiste en pór unha soa bala no tambor dun revólver e disparar unha, ou alternativamente diversas persoas, apuntándose á tempa.
-
s
f
-
s
f
[MAT]
Traxectoria descrita por un punto dunha curva, denominada rodante, que roda sobre outra denominada base. Os exemplos máis coñecidos son os das curvas denominadas cicloide, epicicloide e hipocicloide.