Ruperto do Palatinado

Ruperto do Palatinado

Almirante británico, fillo do elector Frederico V de Palatinado, rei de Bohemia, e de Isabel Stuart. Durante a guerra civil inglesa, comandou a cabalaría real de Carlos I e acadou, nun primeiro momento, as vitorias de Worcester (1642) e Newsbury (1643), pero foi derrotado en Marston Moor (1644) e Naseby (1645) e capitulou finalmente en Bristol (1645). Coa Restauración volveu a Inglaterra (1660), onde formou parte consello privado de Carlos II. En 1644 foi nomeado duque de Cumberland.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Praga

  • Deceso

    Lugar : Westminster, Londres