Rusiñol i Prats, Santiago
Escritor, pintor e coleccionista. Entre 1892 e 1899 celebrou as Festas Modernistas de Sitges. Publicou os seus primeiros libros de narracións en 1896, co título Anant pel món. A súa obra, de carácter costumista, trata o aburguesamento da sociedade catalá, que reflectiu na novela L’auca del senyor Esteve (1907), da que fixo unha adaptación teatral (1917). Como pintor foi discípulo de Tomás Moragas, e expuxo desde 1874. Nunha primeira etapa sentiuse atraído polo naturalismo. En 1891 estableceuse en Montmartre, onde ampliou os seus horizontes artísticos e recibiu multitude de influencias, sobre todo do simbolismo (La cuina del Moulin de la Galette, Lectura romàntica, Una Romança). En 1893 fixou o seu domicilio no Quai Bourbon de París e comezou a traballar de correspondente de La Vanguardia, crónicas que foron recollidas en Desde el Molino (1894) e Impresiones de arte (1897). A raíz da súa viaxe a Granada (1895) centrou a súa atención na temática de xardíns, como na serie Jardins d’Espanya. Obtivo numerosas distincións nas exposicións nacionais de Belas Artes en Madrid.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso
Lugar : Aranjuez, Madrid