rusuláceo -a

rusuláceo -a

(< lat científico Russula)

  1. adx

    Relativo ou pertencente ás rusuláceas.

  2. s f [FUNGO]

    Fungo da familia das rusuláceas.

  3. s f pl [FUNGO]

    Familia de fungos basidiomicetos, da orde dos rusulais, integrada por fungos de carpóforos grandes ou medianos, coa carne granulada, non fibrosa, coas esporas de cores claras e con ornamentacións amiláceas e sombreiro de cor variable desde rosada ata verde, as láminas de cor branca e o pé cilíndrico, de cor branca. Poden ter sabor doce ou picante. En Galicia pódese atopar o xénero Russula, con especies como R. cyanoxantha ou R. nigricans.

Palabras veciñas

rustro | Rust’aveli, Šot’a | Rust’avi | rusuláceo -a | rusulal | Rus’ | ruta