ruta
(< fr route < lat rupta)
-
-
s
f
Camiño que se percorre para ir dun lugar a outro.
-
s
f
Camiño establecido que se segue nunha viaxe ou expedición.
-
ruta aérea
[AERON]
Zona do espazo aéreo definida entre dous puntos que está provista de axudas á navegación aérea, de tipo visual ou electromagnético, e suxeita a regulacións de circulación e de navegación das aeronaves.
-
ruta anfibólica
[BIOQ]
Ruta metabólica central que ten unha dobre función: pode ser utilizada catabolicamente, pola degradación completa de moléculas pequenas, ou ben anabolicamente, para producilas.
-
ruta comercial
[HIST]
Traxecto que seguen os produtos que son obxecto de comercio. As rutas comerciais máis antigas que se coñecen, en Europa, son as do ámbar no Neolítico, que unía as comarcas bálticas coas zonas mediterráneas, e a do estaño, que unían as Casitérides cos centros consumidores do Mediterráneo. Os fenicios e os gregos déronlles un gran pulo ata a chegada de Roma, que creou unha espesa rede viaria. A partir do s VII, os árabes crebaron boa parte das rutas comerciais da Antigüidade e da Idade Media. As cidades italianas, sobre todo Venecia e Xénova, protagonizaron a partir do s XI unha reactivación comercial. Os descubrimentos xeográficos do s XVI comportaron a creación de novas rutas baixo o impulso das coroas de Portugal e de Castela. Sevilla monopolizou o comercio americano con Castela, para o cal se empregou o sistema de frotas. Nos ss XVII e XVIII adquiriu moita importancia a ruta dos escravos. No s XIX, a denominada revolución dos transportes e os avances do s XX permitiron responder ás necesidades crecentes da actividade comercial.
-
ruta metabólica
[BIOQ]
Secuencia de reaccións do metabolismo, anabolismo e catabolismo, moi semellantes en todos os seres vivos.
-
s
f
-
s
f
Comportamento que adquire unha persoa cunha finalidade concreta.
-
folla de ruta
Documento expedido polos xefes de estación onde constan as mercadorías que transporta un tren, os nomes dos seus propietatrios ou os puntos de destino, entre outras cousas.
Frases feitas
-
Pór(se) en ruta. Iniciar a marcha.