Rute, Libro de
Rute, Libro de
[RELIX]
Libro do Antigo Testamento, de autor descoñecido. A Vulgata sitúao entre o Libro dos xuíces e o primeiro Libro de Samuel. A Biblia hebrea inscríbeo entre o Cantar e as Lamentacións. Crese que foi redactado despois do exilio, en contra das reformas de Nehemías sobre os matrimonios mixtos.