Rutenia
Rutenia
Nome que, na Idade Media, designaba Rusia e que foi adoptado pola monarquía austrohúngara para nomear os territorios do NL dos Cárpatos, que comprendían esencialmente Galitsia, Bukovina e parte de Hungría. Posteriormente aplicouse o nome de Rutenia Carpática ou Rusia Subcarpática á provincia máis oriental de Checoslovaquia, que en 1945 quedou incorporada á República Socialista Soviética de Ucraína.