ruteno -na
(< topónimo Rutenia)
-
-
adx
Relativo ou pertencente a Rutenia, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
s
Natural ou habitante de Rutenia.
-
adx
-
[ETN/HIST]
-
adx
Relativo ou pertencente ao pobo ruteno.
-
s
Individuo do pobo ruteno.
-
s
m pl
Pobo ruso residente na banda occidental da liña Dvina-Dniéper, que formaban parte do estado polaco-lituano. Recibiu este nome baixo a Austria imperial e en Eslovaquia. Descende das antigas tribos eslavas orientais, que se estableceron ao redor da metade do s VI nos Cárpatos e preto da conca media do Dniéper, en Rutenia. Elemento relixioso e cultural de conxunción e de paso entre o catolicismo latino e a ortodoxia rusa, o nome ruteno foi aplicado case exclusivamente aos católicos de rito bizantino de Rutenia, denominados tamén uniatas. Desde 1917 a maior parte viven en Ucraína.
-
adx
-
s
m
[LING]
Lingua eslava que se fala en Eslovaquia, Ucraína e Serbia.
-
[RELIX]
-
adx
Relativo ou pertencente á Igrexa rutena.
-
s
Seguidor dos principios da Igrexa rutena.
-
igrexa rutena
Igrexa uniata de rito bizantino que xurdiu en Polonia, Galitzia, Checoslovaquia, Hungría e Bohemia, con comunidades emigradas a Europa occidental, EE UU, Canadá, Brasil e Arxentina. Formaron parte da Igrexa Rusa baixo a xurisdición do metropolita de Kiev, ata que en 1443 o metropolita Isidoro foi expulsado por culpa da promulgación da unión con Roma no Concilio de Florencia. En 1595 o metropolita de Kiev e outros bispos veciños demandaron a comuñón con Roma (Unión de Brest-Litovsk, 1596). Tras a partición de Polonia (1795), unha gran parte dos rutenos, agás os da Galitzia, foron sometidos á soberanía de Rusia e pouco a pouco foron suprimidas as súas igrexas e incorporadas á Igrexa Rusa. Os rutenos que pasaron ao dominio de Austria gozaron dunha gran tolerancia (s XIX), a pesar de sufrir emigracións por culpa dos problemas políticos en Europa oriental. León XIII fundou en Roma o Colexio Ruteno (1897), encargado a monxes basilianos rutenos ata 1904. Estes constituíron un alicerce firme do uniatismo, sobre todo a rama austera dos estudita, fundada cara a 1900. Os rutenos dos Cárpatos teñen desde 1771 unha xurisdición separada a causa da elección por Clemente XIV da eparquía de Mukačiv, dependente do primado de Hungría.
-
adx