Radical, El
Radical, El
Semanario publicado na Coruña a partir do 26 de xullo de 1931. Dirixido por Xoán Pita, funcionou como voceiro do Partido Radical da Coruña. Criticou o caciquismo en Galicia e as actividades do clero e a aristocracia, aínda que tivo máis peso a información estatal sobre as actividades municipais e a política local.