Raña Lama, Román
Escritor e crítico literario. Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, é membro fundador da revista Nó da AELG, integrante do consello de redacción de “Faro das Culturas” e colaborador de diversas publicacións literarias, como Grial, Luzes de Galicia e Nordés. No eido do ensaio e a edición crítica publicou De catro a catro e outros textos de Manuel Antonio (1989), Poesía galega de postguerra (1994) e A vixília no Gólgota (1994, Premio Ánxel Fole) e Mesteres de Arcadio López Casanova (1999). No apartado narrativo, ademais da novela O crime da rúa da Moeda Vella (1989, Premio Blanco Amor), en que aparecen certos trazos do xénero negro, publicou os poemarios Retrato de sombra en outono (1981, Premio Celso Emilio Ferreiro 1980), con algúns trazos surrealistas; Nas areias doutro mar (1984, Premio Cidade de Ourense), en que evoca a Borges e Cunqueiro; Extramuros da noite (1985), onde abundan imaxes visionarias; Da muda primavera (1987, Premio Esquío), marcado pola melancolía e a preocupación existencial; Eloxio da desorde (2002, Premio de Poesía Miguel González Garcés) e A metamorfose do túnel (2004, III Premio de Poesía Caixanova), caracterizado pola elegancia formal e a densidade emotiva.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Vigo