Real Academia Nacional de Farmacia

Real Academia Nacional de Farmacia

Institución creada por Filipe V pola Pragmática de 1737, co nome de Real Colegio de Farmacéuticos coa finalidade de dedicarse ao cultivo e adiantamento da farmacia, química, botánica e historia natural. Ten a súa orixe na Congregación y Colegio de Boticarios de Madrid, baixo a advocación de san Lucas e de Nosa Señora da Purificación, documentado no s XVI e en 1939 tomou o seu nome actual. As súas institucións separáronse e o Real Colegio de Farmacéuticos comezou en 1751 as primeiras leccións de botánica, xerme da facultade de farmacia. Utilizando o seu local e laboratorio, Fernando VII creou en 1804 o Colegio de Farmacia de San Fernando. Dedícase ao estudo da farmacia fomentando diversas publicacións. Concede a Medalla Carracido para premiar servizos excepcionais á farmacia. Está dividida nas seccións de Química y Física, Biología, Tecnología y Farmacogenómica, Tecnología Farmacéutica; Farmacología y Farmacoterapia, Salud Pública, Alimentación y Medio Ambiente, Historia e Legislación y Bioética. Está composta por un máximo de cincuenta académicos de número, un máximo de 125 académicos correspondentes españois ademais de correspondentes estranxeiros, supernumearios e de honra. Está incorporada ao Instituto de España e en 2004 a sección Galicia formou a Academia de Farmacia Gallega.