Regueifa, A
Regueifa, A
[PUBLIC]
Revista publicada en Santiago de Compostela a partir de maio de 1991. Cesou en maio de 1993 (nº3). Subtitulada “Revista de filosofía, psicoloxía e pedagoxía”, foi unha publicación cultural promovida pola Comisión Cultural da Facultade de Filosofía, Psicoloxía e Pedagoxía, e coordinada por Marcial Gondar. Ademais dos artigos sobre as materias propias da facultade, tamén tratou temas de actualidade e cine, cunha especial atención á poesía, aos relatos e ao teatro galego.