rehabilitación
rehabilitación
(< rehabilitar)
-
s
f
Acción e efecto de rehabilitar ou rehabilitarse.
-
[DER]
-
s
f
Reintegración legal dun reo á vida normal, coa restitución de todos os dereitos e as dignidades das que foi privado como consecuencia da condena. Supón a cancelación dos antecedentes penais, presupón ter satisfeitas as responsabilidades civís provenientes da infracción e ter transcorrido o tempo establecido sen volver delinquir de novo.
-
rehabilitación da creba
Declaración xudicial que fai cesar todas as interdicións legais producidas pola declaración de creba, agás o caso de creba fraudulenta.
-
s
f
-
s
f
[MED]
Recuperación, mediante procedementos adecuados, dunha habilidade corporal normal que, a causa dunha enfermidade ou dun traumatismo, se perdera.