Reitsch, Hanna
Reitsch, Hanna
Aviadora. Bateu a marca feminina de distancia en 1935 ao voar 160 km en liña recta nun planeador e en 1936 a marca de altura con 2.800 m. En 1937 cruzou os Alpes. Partidaria do nacionalsocialismo, foi piloto de probas da Luftwaffe e participiu nos proxectos tecnolóxicos da aviación alemá, como a creación dun escuadrón suicida con bombas V-1, que non chegou a entrar en combate. Ao terminar a Segunda Guerra Mundial estivo detida en Austria. Escribiu a súa autobiografía Mein Leben (1951).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Hirschberg, Silesia -
Deceso
Lugar : Frankfurt