Restituta, santa
Restituta, santa
Virxe e mártir. Foi condenada, en tempos do Emperador Valeriano, a ser queimada viva nunha barca chea de pez, xofre e estopa abandonada no mar despois de lle prender lume. O seu cadáver calcinado arribou na mesma barca á baía de Nápoles. A súa festividade celébrase o 27 de maio.