Revolución de Xullo ou Revolución de 1830
Revolución de Xullo ou Revolución de 1830
Levantamento revolucionario que tivo lugar en París os días 27, 28 e 29 de xullo de 1830, provocando a caída de Carlos X de Francia. O 18 de marzo de 1830 os deputados asinaron un manifesto onde figuraban as queixas da cámara contra a Guerra de Alxeria e a progresiva conxelación dos dereitos proclamados na Constitución de 1814. O 26 de xullo suprimiuse a liberdade de prensa, disolveuse a cámara e modificouse o sistema electoral, o que comportou a reconstitución da Garda Nacional. O pobo sublevouse e Carlos X tivo que abdicar. Finalmente acordouse nomear rei a Luís Filipe, duque de Orleáns, que aceptou o título (Luís Filipe I de Francia).