Riaza
Riaza
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado no N da serra de Guadarrama (1.898 h [2001]). A economía baséase na agricultura, a gandaría e as industrias derivadas. Do seu patrimonio destacan a praza Maior e a igrexa parroquial de estilo renacentista. Tamén é característica a arquitectura popular dos seus barrios.