Saab-Scania
Saab-Scania
Empresa sueca dedicada á fabricación de avións, automóbiles e camións. Fundouse en 1937 co nome de Svenska Aeroplan AB (SAAB), e só fabricaba motores de aviación. En 1947 comezou a produción de automóbiles. En 1969 fusionouse Saab AB con Scania-Vabis AB (fabricante de camións, autobuses e motores diésel) e formouse o grupo Saab-Scania AB. En 1989 General Motors (GM) mercou o 50% do negocio pasando a chamarse Saab Automobile AB, e en 2000 transferiuse a propiedade total ao Grupo GM.