Saamasas, Santiago de
Saamasas, Santiago de
Igrexa situada en Lugo. A construción primitiva está moi reformada. De planta rectangular, ten unha soa nave, cuberta a dúas augas con lousa, capela maior, á que se accede por un arco triunfal de medio punto, e sancristía pegada, cuberta a catro augas. No seu interior atopáronse relevos suevos ou visigodos. A fachada é neoclásica cunha espadana de dous vans.