Sabarís, ponte de
Sabarís, ponte de
Construción situada sobre o río Groba en Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Trátase dunha ponte de cantaría cun só arco de medio punto, lixeiramente alombado. Atópase no antigo camiño de Baiona a Vigo e Gondomar.