Sabarís, ponte nova de
Sabarís, ponte nova de
Construción situada sobre o río Groba en Santa Cristina da Ramallosa (Baiona). Trátase dunha ponte de cantaría do s XV, lixeiramente alombada e con tres arcos de medio punto e tallamares. Atópase no antigo camiño de Baiona a Vigo e Gondomar.