2 saber
(< 1 saber)
-
s
m
Conxunto de coñecementos adquiridos polo estudo ou pola experiencia.
Sinónimos: sabedoría. -
[FILOS]
-
s
m
Coñecemento ou conxunto de coñecementos que, mediante a comprobación e unha adecuada sistematización, dan lugar á ciencia.
-
s
m
Coñecemento retórico-práctico relativo a situacións ou realidades tanto obxectivas coma subxectivas. Distínguese entre o saber vulgar ou común, baseado na experiencia da vida, e o saber científico, rigoroso e racional, onde se pode incluír o saber filosófico. Segundo Max Scheler, pódese distinguir entre un saber técnico, que tamén pode referirse ao espiritual, un saber culto, a filosofía e a ciencia, e un saber de salvación orientado ao transcendente.
-
saber absoluto
Estado superior do coñecemento, na filosofía hegeliana, en que suxeito e obxecto alcanzan tal adecuación que queda superada toda dualidade (finito-infinito, universal-concreto, liberdade-necesidade). Propio do chamado espírito absoluto, a arte, a relixión e a filosofía, o saber absoluto corresponde propiamente a esta última como a consumación da racionalidade e traspasa o ámbito da relixión.
-
s
m