1 saber

1 saber

(

  1. v t
    1. Ter noticias, coñecemento ou información de algo.

      Ex: Aínda non sabe o escrutinio.

      Sinónimos: coñecer, coñecer.
    2. Estar instruído nunha materia ou ter coñecementos verídicos de algo.

      Ex: O meu irmán sabe moitas matemáticas.

    3. Aprender de memoria.

      Ex: Xa sabe a lección.

  2. v t

    Ter capacidade, habilidade ou destreza para facer algo.

    Ex: Xa sabe andar en bicicleta.

  3. v t

    Ser consciente de algo.

    Ex: Esa rapaza non sabe o que fai.

  4. v t

    Ter certeza dunha cousa.

    Ex: Sabía que ía reaccionar así.

  5. v i

    Ter coñecementos ou información de algo.

    Ex: Sabe moito de cine.

  6. v i

    Ser capaz de adaptarse ou comportarse da maneira que se expresa.

    Ex: Cando quere sabe calar.

  7. v i

    Ser astuto e sagaz.

    Ex: Ese fillo teu sabe máis ca o demo.

  8. v i

    Ter sabor.

    Ex: Esa carne sabe mal.

Frases feitas

  • A saber. Frase coa que se introduce a explicación de algo que se acaba de citar.

  • Non saber onde se meter. Sentir vergoña.

  • Saber a pouco. Gustar ou interesar algo tanto que queden ganas de máis.

  • Saber latín. Ser moi agudo e perspicaz.

  • Saber que rabia. Gustar moito unha comida ou unha bebida.

  • Saber un por onde pisa/anda. Coñecer ben o asunto do que se trata.

  • Vai ti saber. Expresión de dúbida sobre unha cousa.

Refráns

  • Ben sei o que digo, cando pan pido.
  • Cada un sabe onde lle doe e onde lle proe.
  • Máis sabe o louco na súa casa có cordo na allea.
  • Máis sabe o parvo na súa casa có cordo na allea.
  • Máis sabe o tolo na súa casa, có cordo na allea.
  • Non hai peor saber có non querer.
  • Quen sabe ir dereito á súa casa, a ninguén pregunta as señas.
  • Teñas moita sorte e o saber pouco che importe.

Palabras veciñas

sabendas, a | sabenza | sabeo -a | 1 saber | 2 saber | Saber Leer | Sabero
Conxugar
VERBO 1 saber
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sei
sabes
sabe
sabemos
sabedes
saben
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sabía
sabías
sabía
sabiamos
sabiades
sabían
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
souben
soubEches
soubo
soubEmos
soubEstes
soubEron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soubEra
soubEras
soubEra
souberamos
souberades
soubEran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
saberei
saberás
saberá
saberemos
saberedes
saberán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
sabería
saberías
sabería
saberiamos
saberiades
saberían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
saiba
saibas
saiba
saibamos
saibades
saiban
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soubEse
soubEses
soubEse
soubesemos
soubesedes
soubEsen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
soubEr
soubEres
soubEr
soubErmos
soubErdes
soubEren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
sabe
-
-
sabede
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
saber
saberes
saber
sabermos
saberdes
saberen
Xerundio sabendo
Participio sabido
sabida
sabidos
sabidas