coñecer
(< lat cognoscĕre)
-
v t
Formar ou ter na mente unha idea de algo concreto ou abstracto.
Ex: O home coñece o medio que o rodea. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto. Ex: O home coñece desde que nace.
-
v t
Ter dominio ou práctica abondo dunha materia ou dunha cousa determinada como para facer uso dela.
Ex: O carpinteiro que me recomendaches coñece moi ben o seu oficio.
-
v t
-
Saber quén é ou cómo é alguén porque se ten visto ou se oíu falar del.
Ex: Coñéceo de velo, pero nunca falou persoalmente con el. Non coñezo a persoa á que te refires.
-
Saber cómo é un lugar determinado porque xa se estivo nel con anterioridade.
Ex: Coñece moi ben todos os lugares de moda da cidade de París. Coñecemos Tenerife da viaxe que fixeramos en outubro.
-
-
v t
Estar relacionado cunha persoa ou tratar con ela.
Ex: Non coñezo moito o seu fillo, pero si o seu pai.
-
v t
Estar informado de algo.
Ex: Coñezo moi ben o asunto que saíu na prensa estes días.
Antónimos: descoñecer, ignorar. -
v t
Ter experiencia nalgunha cousa.
Ex: O meu avó coñeceu a fame na súa infancia.
-
v t
Saber discernir, entre varias cousas ou persoas, unhas das outras ou unha determinada, normalmente polas calidades que lle son propias.
Ex: Coñecinte de lonxe polo andar. Coñece moi ben os viños da rexión.
-
v t
Designar a alguén habitualmente por un alcume.
Ex: A Pepe coñéceno normalmente polo Furafollas.
-
v pron
Apreciarse nalgunha cousa un efecto positivo ou negativo doutra.
Ex: Coñéceselles ben ós ovos que lles botas penso ás galiñas.
-
v pron
Ser algo evidente.
Ex: Coñécese que non o atopou e decidiu dar volta.
Palabras veciñas
coñecedor -ra | coñecemento | coñecer | coñecer | coñecible | coñecido -da | conectableIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coñezo
coñeces
coñece
coñecemos
coñecedes
coñecen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coñecía
coñecías
coñecía
coñeciamos
coñeciades
coñecían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coñecín
coñeciches
coñeceu
coñecemos
coñecestes
coñeceron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coñecera
coñeceras
coñecera
coñeceramos
coñecerades
coñeceran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coñecerei
coñecerás
coñecerá
coñeceremos
coñeceredes
coñecerán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coñecería
coñecerías
coñecería
coñeceriamos
coñeceriades
coñecerían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coñeza
coñezas
coñeza
coñezamos
coñezades
coñezan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coñecese
coñeceses
coñecese
coñecesemos
coñecesedes
coñecesen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coñecer
coñeceres
coñecer
coñecermos
coñecerdes
coñeceren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
coñece
-
-
coñecede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles coñecer
coñeceres
coñecer
coñecermos
coñecerdes
coñeceren
coñecida
coñecidos
coñecidas