1 saber
(
- v t
-
v t
Ter capacidade, habilidade ou destreza para facer algo.
Ex: Xa sabe andar en bicicleta.
-
v t
Ser consciente de algo.
Ex: Esa rapaza non sabe o que fai.
-
v t
Ter certeza dunha cousa.
Ex: Sabía que ía reaccionar así.
-
v i
Ter coñecementos ou información de algo.
Ex: Sabe moito de cine.
-
v i
Ser capaz de adaptarse ou comportarse da maneira que se expresa.
Ex: Cando quere sabe calar.
-
v i
Ser astuto e sagaz.
Ex: Ese fillo teu sabe máis ca o demo.
-
v i
Ter sabor.
Ex: Esa carne sabe mal.
Frases feitas
-
A saber. Frase coa que se introduce a explicación de algo que se acaba de citar.
-
Non saber onde se meter. Sentir vergoña.
-
Saber a pouco. Gustar ou interesar algo tanto que queden ganas de máis.
-
Saber latín. Ser moi agudo e perspicaz.
-
Saber que rabia. Gustar moito unha comida ou unha bebida.
-
Saber un por onde pisa/anda. Coñecer ben o asunto do que se trata.
-
Vai ti saber. Expresión de dúbida sobre unha cousa.
Refráns
- Ben sei o que digo, cando pan pido.
- Cada un sabe onde lle doe e onde lle proe.
- Máis sabe o louco na súa casa có cordo na allea.
- Máis sabe o parvo na súa casa có cordo na allea.
- Máis sabe o tolo na súa casa, có cordo na allea.
- Non hai peor saber có non querer.
- Quen sabe ir dereito á súa casa, a ninguén pregunta as señas.
- Teñas moita sorte e o saber pouco che importe.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles sei
sabes
sabe
sabemos
sabedes
saben
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles sabía
sabías
sabía
sabiamos
sabiades
sabían
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles souben
soubEches
soubo
soubEmos
soubEstes
soubEron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles soubEra
soubEras
soubEra
souberamos
souberades
soubEran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles saberei
saberás
saberá
saberemos
saberedes
saberán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles sabería
saberías
sabería
saberiamos
saberiades
saberían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles saiba
saibas
saiba
saibamos
saibades
saiban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles soubEse
soubEses
soubEse
soubesemos
soubesedes
soubEsen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles soubEr
soubEres
soubEr
soubErmos
soubErdes
soubEren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
sabe
-
-
sabede
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles saber
saberes
saber
sabermos
saberdes
saberen
sabida
sabidos
sabidas