Saber Leer
Saber Leer
[PUBLIC]
Revista publicada en Madrid a partir de xaneiro de 1987. Subtitulada “Revista crítica de libros”, tratouse dunha publicación cultural de periodicidade mensual promovida pola Fundación Juan March. Incluíu recensións de libros, críticas, ensaios e entrevistas elaboradas por expertos sobre as novidades editorais. Completaba os seus contidos con artigos sobre música, historia, arte, dereito ou política, ademais de ensaios e traballos de investigación sobre literatura.