Sabín, Moncho
Sabín, Moncho
Fotógrafo e deseñador gráfico. De nome Ramón Orlando López Sabín, iniciouse de xeito autodidacta na fotografía (1975) e fíxose profesional en 1979. Correspondente gráfico da Axencia EFE a partir de 1982, traballou para a Editorial Atlántico (1986-1987) e colaborou con La Voz de Galicia, Ferrol Diario ou Motor 16. Cun arquivo composto por máis de 30.000 fotografías, ilustrou numerosos libros e guías da Coruña, Lousame ou do Camiño de Peregrinación a Santiago. Recibiu o I Premio de Etnografía do Museo do Pobo Galego (1980) e o I Premio Colección Paisaxe da Asociación de Prensa de Ferrol (1989).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ferrol