sabina
(
-
s
f
[PLANTA]
Arbusto perennifolio e dioico, xeralmente baixo, con follas escamiformes decusadas, e con gálbulas esféricas ou oblongas, pruinosas e dun azul ennegrecido. Dáse sobre os 1.000 m nas cordilleiras da rexión mediterránea.
-
sabina da praia/negra
[PLANTA]
Pequena árbore perennifolia de ata 8 m de altura, frecuentemente en estado arbustivo, con follas lineais apuntadas nas plantas novas e con follas escamiformes imbricadas nas plantas adultas. Ten gálbulas esféricas e de cor vermella escura cando están maduras. Crece en lugares rochosos, como en aciñeirais pouco tupidos ou tras as dunas litorais da rexión mediterránea.
-
sabina virxiniana
[PLANTA]
Arbusto de porte variable, de follas escamiformes, dispostas en 4 filas e aguzadas. Ten conos carnosos, ovoideos e de cor azul. Conteñen 1-2 sementes. Ten unha madeira de gran valor.