sabiniano -na

sabiniano -na

(< antropónimo M. Sabino)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos sabinianos.

  2. s m [DER/HIST]

    Membro dunha escola de xurisprudencia romana fundada por Caio Casio Lonxino, condiscípulo de Masurio Sabino, de quen tomou o nome. Opostos á escola dos proculeianos, tiveron un talante máis conservador e representaban o ius gentium (normas das relacións cos estranxeiros ou entre estes e os cidadáns). A súa existencia e as súas controversias duraron ata os tempos de Marco Aurelio.