Sabiote

Sabiote

Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado ao NO de Úbeda e delimitando ao N polo río Guadalimar (4.171 h [2001]). É un termo turístico rodeado polos picos Mayayo, Pico, Riblanca e Valde Infierno. Do seu patrimonio cultural destacan os restos das murallas árabes, o típico barrio de Albaicín, a fortaleza árabe restaurada no s XVI e a igrexa de San Pablo.