Sabonis, Arvydas
Sabonis, Arvydas
Xogador de baloncesto lituano. Considerado como un dos mellores pivotes europeos, foi campión da URSS co Zalguiris Kaunas (1985-1986 e 1986-1987). Posteriormente xogou no TSKA de Moscova, o Fórum de Valladolid e o Real Madrid, co que gañou dúas Ligas (1993 e 1994) e a Liga Europea (1995). A partir de 1995 xogou na NBA nos Portland Trail Blazers, ata que en 2003 fichou novamente polo Zalguiris Kaunas. Foi campión mundial (1982) e europeo (1985), medalla de ouro en Seúl (1988) coa selección da URSS e medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Barcelona (1992) e Atlanta (1996) con Lituania.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Kaunas