sacerdotal
sacerdotal
(< lat sacerdotāle)
-
adx
Relativo ou pertencente ao sacerdote ou ao sacerdocio.
-
código sacerdotal
[RELIX]
Fonte, documento ou tradición que son a base do Pentateuco e que a crítica bíblica recoñece como tales. Tamén chamado Priestercodex (P), foi redactado durante o exilio ou inmediatamente despois (ss VI-V a C).
-
escritura sacerdotal
[ESCR]
escritura hierática.
-
pregaria sacerdotal
[RELIX]
Oración solemne que o Evanxeo de San Xoán pon en boca de Xesús Cristo durante a Santa Cea e que forma parte do discurso de despedida.