sacro -cra

sacro -cra

(< lat sacru)

    1. adx

      sagrado.

    2. sacro colexio [RELIX]

      Órgano colexiado integrado por todos os cardeais da Igrexa Católica, que ten por función asesorar e aconsellar ao papa. Durante o período de sé vacante, tras a morte dun papa e ata a elección dun novo, é a autoridade suprema da Igrexa e rexe as actividades da Cidade do Vaticano. OBS:  Tamén se denomina colexio cardenalicio.

  1. [ZOOL]
    1. adx

      Relativo ou pertencente ao óso sacro.

    2. adx

      Que está situado na rexión do óso sacro.

    3. s m

      Óso impar central e simétrico, formado por cinco pezas agrupada (vértebras sacras), que ten forma dunha pirámide irregular e continúa a columna vertebral debaixo das vértebras lumbares. Forma a parte posterior da pelve.